mércores, 16 de setembro de 2015

Este sábado estréase "Teimas" en Antas de Ulla:::

O vindeiro sábado no Salón de Actos da Casa da Cultura de Antas de Ulla estréase Teimas, a nova obra de Disfunción Continua Teatro. Trátase dunha comedia na que un grupo de pacientes chegan á consulta dun prestixioso psicólogo, onde entablan conversa. A obra está dirixida por Jouse García e conta no seu elenco con: María Porto como Camila, Clara Iglesias no papel de Branca, Beatriz del Río interpreta a María, Guillermina Pose ponse no papel de Lilí, Natalia Carbajal representa a Ana, Gonzalo Valcárcel é Fred e Manuel Rosende como Axudante. Teimas ten unha duración de 80 minutos e non está recomendada para maiores de 16 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario