A parroquia silledense de Ponte acolle a III Noite de Teatro, será o proximo sábado 17 de outrubro ás 21.30h no Campo da Festa da localidade. Alí haberá unha carpa instalada que convertirá en teatro o recinto festivo de Ponte. A entrada é gratuíta e a obra a representar e TEIMAS, unha divertida comedia de 80 min que conta a historia da consulta do Dr Teixeiro, un afamado psicólogo. Alí van chegando persoas con distintas teimas que terán que interactuar para divertimento do publico. A obra non está recomendada a menores de 16 anos. Teimas está dirixida por Jouse García e conta co seguinte elenco:
María Porto - Camila
Clara Iglesias - Branca
Beatriz del Río - María
Guillermina Pose - Lilí
Natalia Carbajal - Ana
Gonzalo Valcárcel - Fred
Manu Rosende - Axudante
Ningún comentario:
Publicar un comentario