Será no AUDITORIO MUNICIPAL da ILLA DE AROUSA o vindeiro sábado 16 de xaneiro e dentro da programación cultural do Concello insular. As entradas estarán á venda na billeteira do auditorio antes da función. Esta será a segunda recalada da compañía estradense na vila insular logo de presentar Eran outros tempos, ou non? con notable afluencia de público.
Teimas conta a historia dun grupo de pacientes que sobren manías e teimas compulsivas e que deciden acodir á consulta dun afamado médico galego, pero as cousas non sempre son fáciles. Con "TEIMAS" ofrécese unha hora de risa asegurada. A obra non está aconsellada para menores de 16 anos por posuír vocabulario inapropiado para esta franxa de idade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario